Gañadores dos premios Lazarillo 2022

Hoxe, 6 de xuño de 2023, no marco da Feira do Libro de Madrid, celébrase o acto de entrega do Premio Lazarillo convocado pola OEPLI , co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e McDonald´s, coa asistencia da directora xeral do Libro, Mª José Gálvez.

  • Na
    categoría de Creación Literaria resultou gañadora
    a obra de Javier González Calero Rodenas,
    ¿Vuelan
    las supergallinas?
    ,
    un poemario
    de poemas curtos, sinxelos e cotiáns cunha cadencia próxima á
    linguaxe oral,
    que reivindica a fábula poética, o mundo dos animais parlantes e
    antropomorfos como espello onde ver reflectido ese lado máis absurdo
    e cómico de nós mesmos, os animais humanos.
  • Na
    modalidade de Álbum Ilustrado resultou gañadora, por votación
    unánime do xurado, obra Montañas,da
    que son autores Mercè López Ascanio
    e
    Javier Bermúdez López, que
    conta a viaxe de Elvira polos cumes e os vales dalgunhas das montañas
    máis icónicas da Terra.