Grazas, Pere

Unha asociación medra arredor duns obxectivos compartidos, das iniciativas que imaxina e impulsa, e dos logros que se van gañando. Mais, sobre todo, unha asociación coma GÁLIX crece e sobrevive grazas ao traballo cotián e colaborativo que se desenvolve no seu seo. Neste sentido, e durante o último ano, Pere Tobaruela acompañounos como secretario técnico de GÁLIX e, por iso, hoxe queremos darlle as grazas pola súa entrega, polo tempo dedicado á asociación e, ao mesmo tempo, polo seu compromiso global coa literatura infantil e xuvenil galega que impulsa o noso quefacer cotián.
Nun ano tan especial coma este, no que o noso socio Pere Tobaruela foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, o que responde a un claro recoñeceu pola súa traxectoria en prol da nosa LIX, queremos agradecerlle a Pere o tempo de traballo compartido e a súa axuda como secretario técnico á hora de seguir facendo de GÁLIX un espazo de encontro arredor dos libros. Desexámosche o mellor nesta nova etapa e agardamos ler axiña as túas próximas obras. Estamos seguros de que nos darán novas razóns para celebrar un 2027 moi especial para a LIX galega e no que desenvolveremos accións e iniciativas conxuntas, porque, sobre todo, GÁLIX seguirá a ser a túa casa.


Grazas, Pere.