Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 2026 – Recomendacións Lectoras 2026

Dende GÁLIX queremos unirnos, neste 11 de febreiro, á celebración e reivindicación do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Por iso presentamos esta guía de recomendacións lectoras centrada na importancia de amosar a presenza feminina nos ámbitos científicos a través da literatura infantil e xuvenil galega. 

A publicación recolle unha selección de obras que permiten traballar nas aulas e bibliotecas a ciencia en feminino, ofrecendo a nenas e nenos historias nas que recoñecerse e nas que imaxinar futuros posibles. 

Complétase con testemuños de mulleres senlleiras e profesionais galegas que comparten as lecturas que marcaron a súa infancia, poñendo en valor o papel da lectura na construción de vocacións STEAM. 

Celebrar esta data dende os libros é tamén unha forma de sementar curiosidade, pensamento crítico e igualdade, abrindo camiños para que máis nenas poidan verse facendo ciencia. 

Descarga a guía en PDF aquí.

“O futuro pasa porque a ciencia sexa cousa de todos e de todas” 

Amparo Alonso. Premio María Josefa Wonemburguer Planells 2020