María Montes fixo esta fermosisima imaxe para celebrar a chegada dun novo ano.
Neste 2024 que está para rematar a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), como vén facendo dende 1989, continuou o seu labor de promoción e difusión da cultura galega e do libro infantil e xuvenil en galego.
-
Publicamos,
como cada ano, o Catálogo
de libros infantís e xuvenís de Galicia
que leva a produción galega de libros infantís e xuvenís á Feira
Internacional de Bolonia. -
Elaboramos,
por primeira vez, o catálogo de libros para a infancia e a xuventude
traducidos ao galego no ano 2024.
- Gloria
Sánchez foi, no 2024, a persoa escollida como Socia de Honra
de GÁLIX
e homenaxeada nun entrañable acto celebrado na biblioteca pública
Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
- Colaboramos
co Salón
Internacional do Libro Infantil
e Xuvenil
de Pontevedra,
elaborandounha
bibliografía relacionada
co cine, tema que centrará a edición
de 2025.
- No
mes
de xaneiro celebramos as XII
Xornadas GÁLIX:
A LIX fronte aos novos formatos de lectura.
- Entre
abril e maio tiveron lugar as Xornadas
GÁLIX XIII: O
humor como recurso infalible nas aulas.
- GÁLIX
presentou a candidatura de Fina Casalderrey aos Premios
ALMA.
- A
asociación colaborou
co Concello de Pontevedra da organización da Exposición: Fina
Casalderrey: medrando entre historias.
- A
exposición:
O
CASTRO, tamén na orixe da LIXG
exhíbese en bibliotecas, Centros Socioculturais e centros de ensino.
- Mantemos,
coma en anos anteriores, un convenio
de
prácticas detradución
coa Universidade
de Vigo.
O noso blog ten unhas seccións fixas:
- Este
libro encantoume!, na que as nosas socias e socios
recomendan algún libro publicado nos dous últimos anos.
- A
Xanela de GÁLIX – Cuestionario Lamote, na que
presentamos as nosas socias e socios e as súas opinións sobre o
libro infantil e xuvenil galego.
- Rescate
en audio!, unha nova sección, para a que
solicitamos de socias e socios un audio no que comenten un libro
clásico, ou con máis de tres anos de antigüidade.
Actualizamos permanentemente o blog con información de:
-
Novidades
editoriais
-
Convocatorias
de concursos, actividades de formación, xornadas, publicacións.
-
Concesión
de premios de literatura infantil e xuvenil galegos.
-
Celebración
de eventos, cursos ou xornadas relacionados coa lectura e os libros.
-
Novas
internacionais relacionadas coa LIX.
Gálix está tamén presente nas redes sociais máis populares.
Este ano cumprimos 35 anos e o nos compañeiro Miguel A. Alonso Diz , lembrounos nun extenso artigo publicado en Plaza Pública cal foi a súa orixe e o seu papel no coñecemento, promoción, difusión e defensa do libro en galego para o lectorado máis novo.





