FEO de Miguel A Alonso Diz, ilustrado por Xan López Domínguez, en Creador@s na Reserva.

Creador@s na Reserva é unha publicación, coordinada por María Canosa , que ten o obxectivo de destacar a riqueza natural da Reserva de Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e difundir o recoñecemento outorgado pola UNESCO.

O noso compañeiro e autor dun dos relatos que compoñen este libro, Miguel A. Alonso Diz , fainos chegar a representación en vídeo da súa obra ” FEO “, ilustrada por Xan López Domínguez .

O libro está dispoñible na web para a súa descarga na nosa web. Eo vídeo estará dende hoxe na canle de GÁLIX en YouTube .