Convocatoria do V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

Aberto o prazo de presentación para o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade que ven sendo convocado por Baía Edicións , coa colaboración da Secretaría Xeral d a Lingua, desde o ano 2018 como recoñecemento ao labor da autora a prol da igualdade entre nenas e nenos e co obxectivo de promover a educación non sexista.

  • Ao certame poderán presentarse obras que atendan ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa.
  • Deberán ser:
    • Textos inéditos e non premiados.
    • Escritos en galego normativo.
    • Extensión máxima de 5.000 caracteres.
    • O premio, único, ten unha dotación económica de 2.500 €.
    • A obra premiada será publicada por Baía Edicións como álbum ilustrado.
    • O prazo de recepción de obras remata o 8 de marzo de 2025.

    Acceso ás bases completas na páxina da editora.