O Lazarillo é o concurso máis antigo en Literatura Infantil e Xuvenil, que se vén celebrando desde o 1958.
Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 ven sendo a OEPLI , e as súas seccións territoriais GÁLIX , Galtzagorri , CIBBYCat e Consejo General del Libro , a encargada da convocatoria do premio.
O certame conta co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e de MacDonald’s
O premio Lazarillo convócase nas modalidades de “ Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado ” e “ Creación literaria ”.
ACCESO ÁS BASES DE CREACIÓN LITERARIA
- Para obras orixinais e inéditas.
- Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.
- En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)
- Destinadas ao lectorado xuvenil, maior de 12 anos.
- O premio ten unha dotación de 6000€.
- O prazo de entrega remata o 30 de xullo de 2025.
ACCESO ÁS BASES DE ÁLBUM INFANTIL E XUVENIL ILUSTRADO
- Para obras orixinais e inéditas.
- Destinadas ao público infantil ou xuvenil.
- Formato máximo, DIN A-2.
- Extensión máxima de 32 páxinas.
- Cunha dotación de 6.000€
- O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2025.
Os xurados emitirán os veredictos no mes de decembro de 2025 e a proclamación e máis a entrega dos premios terá lugar no primeiro trimestre de 2026.







