Convocado o IV Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca a cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia co apoio da DirecciónXeral de Cultura da Xunta de Galicia .

  • Para pezas dramáticas inéditas escritas en lingua galega.
  • Que estean destinadas a un público infantil.
  • Cunha extensión máxima de 30.000 caracteres.
  • O premio ten unha dotación de 1.000 €
  • O prazo estará aberto ata o 15 de abril de 2025.
  • A entrega do premio farase o 18 de maio.
  • A obra premiada será publicada por Edicións Embora.

ACCESO ÁS BASES