Primeiro Certame Literario Jaime Olmedo de literatura infantil

Como vehículo de creatividade e valores para os máis cativos, Antela editorial , en colaboración con Avigal ,

convoca o premio de n ovela infantil Jaime Olmedo Limeses, unha iniciativa para promover o hábito da escritura e da lectura en galego, aberta a todas as idades.

O certame preséntase en dúas modalidades:

  • Para participantes de máis de 18 anos.
    • Novela orixinal.
    • Escrita en galego.
    • Dirixida ao público infantil.
    • Cunha extensión máxima de 14.000 palabras.
    • O prazo de presentación remata o 10 de xaneiro de 2025.
    • A obra gañadora será publicada pola editorial Antela.
    • O premio está dotado con 3.000 €
    • Para participantes menores de 12 anos.
      • Relato curto.
      • De temática libre.
      • Escrito en galego.
      • O prazo de presentación ata o11 de abril de 2025.
      • Premiarase á rapaza ou rapaz que escriba o texto, a/o docente que o presente e ao centro educativo no que estude.

      ACCESO ÁS BASES