Creador@s na Reserva. Unha publicación de GÁLIX accesible e descargable.

DESCARGAR

Logo da súa presentación no Espazo Libro do CULTURGAL 2022 a cargo de X.Antonio Perozo , presidente de GÁLIX, e Víctor Rivas , membro da directiva, o libro CREADOR@S NA RESERVA estará accesible e descargable dende na páxina de GÁLIX.

Trátase dunha publicación, coordinada por María Canosa ,

que ten o obxectivo de destacar a riqueza natural da Reserva de Biosfera: Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e difundir o recoñecemento outorgado pola UNESCO.

A obra responde á idea inicial de poñer en relación a creación literaria e plástica, unindo 21 textos literarios e 21 ilustracións de creadoras e creadores galegos nos 42 traballos que recolle este volume que contou co apoio da Deputación da Coruña .