XVIII Premios Pura e Dora Vázquez de narración infantil e xuvenil

Este venres, 20 de maio, fíxose entrega dos Premios Pura e Dora Vázquez de narración infantil e xuvenil , convocado anualmente a Deputación de Ourense en homenaxe a estas dúas irmás, mestras e escritoras que foron precursoras na literatura infantil en galego.

Publicaron tamén textos escritos a catro mans para adultos e infantís.

Nesta XVIII edición resultaron premiados os autores da obra O clube de coleccionistas de selos .

  • Pablo
    Nogueira
    autor do texto no que o xurado destaca o
    valor das relacións familiares interxeneracionais, o respecto polo
    medio e a visibilización da diversidade funcional.
  • Eva
    Piay
    é a autora das ilustracións das que o xurado valora
    a correspondencia co texto e como representa a idea de diversidade que
    presenta o texto.