XII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

A autora e ilustradora húngara Mariann Máray , ilustradora de libros para público infantil e seleccionada para a Bienal de Ilustración de Bratislava e a mostra de ilustración da Feira

Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, gañou o XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra “ O can de Mimo ”.

Entre 300 traballos procedentes de 24 países, o xurado escolleu “O can de Mimo” pola coherencia do seu discurso narrativo, tanto textual como gráfico e suliña a atrevida aposta plástica de estética naif. Da obra finalista, “Atrapamiradas”, Marina Núñez Monterroso e Avi Ofer, destacou o humor e a actualidade da temática

A editorial KALANDRAKA publicará a obra de Mariann Máray en novembro deste ano