A obra Papóns gaña o IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi

A obra titulada Papóns , de SandraLodi é a gañadora do IV Premio de Álbum IlustradoAlberte Quiñoi , para obras ilustradas inéditas dirixidas ao lectorado infantil.

O galardón, convocado polo Concello da Estrada coa colaboración de Editorial Galaxia e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recibe o seu nome como homenaxe ao autor estradense Manuel García Barros.

O xurado formado por Luz Beloso, Sara Valcárcel Maceira, Luis Davila, Armando Requeixo Cuba, e Carlos Loureiro Rodríguez valorou que o álbum pon en valor a necesidade de preservar e protexer a natureza e respectar os animais e darlles o seu propio lugar. Ademais representa un fermoso vínculo de transmisión cultural e familiar.