Aberto o prazo para participar no Premio Compostela de Álbum Ilustrado.

O Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Kalandraka Editora convoca o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados , un dos concursos internacionais con maior prestixio e dotación económica que conta tamén cun alto nivel de participación; nas dezaseis edicións anteriores contabilizáronse máis de 4.626 traballos procedentes de diversos países.

Características do certame:

  • Para obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica.
  • Cun máximo 40 páxinas interiores.
  • A dotación do premio é de 9.000 €
  • O prazo de presentación de orixinais remata o 16 de maio de 2024.
  • A obra premiada será publicada pola Editorial Kalandraka en galego, castelán, català, euskara e portugués.

Acceso ás bases