A Real Academia Galega xuntará no Simposio María Victoria Moreno dezaseis especialistas que profundarán en diversos aspectos da vida e da obra da autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018 . O encontro desenvolverase os días 27 e 28 de novembro en horario de tarde na sede da institución (rúa Tabernas, 11 – A Coruña).
A entrada é libre e inscrición, gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico antes do 27 de novembro a publicacions@academia.gal .
O programa do Simposio é o seguinte:
MARTES 27 DE NOVEMBRO 16:30-16:45 h Inauguración. Obra literaria de María Victoria Moreno16:45-17:45 h Conferencia inaugural. Un lugar de honra na LIX. María Victoria Moreno Blanca Ana Roig Rechou 17:45-18:15 h Relatorio MVM e a poesía para a infancia Antonio García Teijeiro 18:30-20:00 h A obra de MVM | Mesa redonda Daquelas que contan… Mercedes Queixas / Algunhas claves do discurso literario de MVM Isabel Soto / A transcendencia no Diario da luz e a sombra Andrés Torres Queiruga. Modera: Xoán Babarro 20:00-20:30 h Recital Xesús Rábade Paredes Antonio García Teijeiro Mercedes Queixas Zas Xoán Babarro Ana María Fernández Darío Xohán Cabana Conduce: Xesús Rábade Paredes
MÉRCORES 28 DE NOVEMBRO Acción cultural e biografía de María Victoria Moreno16:30-17:00 h Relatorio María Victoria, xenerosidade e compromiso coa cultura galega Xavier Senín 17:00-17:30 h Relatorio A mestra e a pegada do camiño ensinado Fina Casalderrey 17:30-18:45 h MVM. Vida e acción cultural | Mesa redonda MVM, ensaísta Manuel Bragado / MVM: compromiso e conciencia cívica dunha muller adiantada ao seu tempo Isabel Mociño / MVM autora de libros de texto ou como explicar a literatura galega á mocidade Montse Pena Presas. Modera: Marilar Aleixandre 19:00-19:45 h Conferencia de clausura : O activismo cultural e cívico de MVM Xesús Alonso Montero 19:45-20:15 h Proxección María Victoria Moreno nas aulas de hoxe : vídeos de participación nos centros escolares.





