Ao longo desta semana, a compañeira Tamara Andrés veu publicando nas redes sociais de GÁLIX ( Facebook , Twitter e Instagram ) unha serie de pílulas informativas que dan conta das publicacións sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero, no marco da literatura infantoxuvenil:
️ Héctor Cajaraville asina ‘Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso’ (Xerais), un libro onde as crianzas se poden achegar dun xeito ben ameno á vida e mais á obra do autor. Na páxina da editorial podedes atopar, ademais, unha ficha de lectura coa que traballar na casa. https://www.xerais.gal/libro.php?id=6090285&fbclid=IwAR2IVm8rSjLnHieOnWwIfhOftTGl6PAD4BM_f1yWnuEbzwEn4AfiddwT7eM
️ Edicións Embora deu ao prelo en formato libro ‘As pitas baixo a choiva’, un relato breve que Carvalho Calero publicou orixinalmente na revista Lar no ano 1952 no que narra un feito anecdótico da súa infancia. O relato pode lerse en versión dixital nunha páxina web que tamén aloxa un proxecto educativo arredor da obra. http://aspitas.gal/?fbclid=IwAR1_fdHhDuX2_Z84TjwV4-MarbrXtvxdSKaWMi5Zyiq5XT-whn1OaO3Im_Q
️ Na colección de banda deseñada para divertirse aprendendo, Lela Edicións publicou unha pequena biografía de Ricardo Carvalho Calero con textos de Polo correo do vento e ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. https://lelaedicions.blogspot.com/p/banda-desenada.html?fbclid=IwAR1jDWaEtew6L84Zh3kAxH2Flq8jLlseCGkrEVeX_YsF4jtE6nBQAoxWzaY
️ No catálogo de Hércules de Ediciones atopamos ‘De Carballo Calero a Carvalho Calero. Biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos’, un libro ideal sobre o autor das Letras Galegas 2020 para traballar co público xuvenil. https://www.herculesediciones.com/gl/libro/de-carballo-calero-a-carvalho-calero/?fbclid=IwAR0SKPhT_gVXBHsa4fYsqBrKRJO4lY-crQDIKpq9YklujMjROTiOgLKLyyo
️ Desde Auga Editora achegan o poético ‘Carvalho Calero fronte ao espello da memoria’, un libro de Alberto Ramos ilustrado por Antonio Seijas no que se fai un percorrido pola xeira vital e intelectual do autor. https://augaeditora.gal/publicacion/carvalho-calero-fronte-ao-espello-da-memoria/?fbclid=IwAR2A04nb-kMvQzijrv0PeYzEnnfFOUiN7XnWViznbgE-s2NcyEG-W_bz3Vw
️ A editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publica no Portal da Lingua Galega un novo volume da colección dos Bolechas ‘As miñas primeiras Letras Galegas’ dedicado a Ricardo Carvalho Calero.








