As pedras verdes de Rafael Fernández Lorenzo, resultou gañadora do XVII Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña .
A obra é unha novela xuvenil que trata o tema da conquista de América de xeito sincero e directo, respectuoso coas culturas indíxenas. Segundo a consideración do xurado: ” unha novela que conta a conquista de América desde un punto de vista pouco habitual cun relato no que a violencia, a vulnerabilidade e o medo son tamén temas centrais ” Pódese considerar que esta é unha aproximación literaria a un tema polémico.
De consolidada traxectoria no eido da literatura infanto-xuvenil, o autor colabora tamén en diversas publicacións como crítico literario e participa con asiduidade nas recomendacións literarias de GÁLIX .
Novas informativas na rede:





