Presentación en Santiago de O moucho voa. Filosofía en 25 conversas de Miguel Vázquez Freire

Miguel Vázquez Freire , presenta o seu libro O moucho voa. Filosofía en 25 conversas , o vindeiro mércores, 31 de maio, ás 19:30.

Vázquez Freire,profesor de filosofía, membro fundador de Nova Escola Galega , crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións e promotor do congreso de Pedagoxía da Imaxe Pé de Imaxe, pretende, con este libro, introducir a mocidade na filosofía a través de 25 conversas, amenas e desenfadadas.O autor estará acompañado por Eva Garea, profesora de de Filosofía no IES Xelmirez e membro do grupo Nexosde didáctica da filosofía.

Tamén estará con eles Xosé Gándara, membro do Ateneo de Santiago.

Novas na rede: