Nova biblioteca no concello de Cambre

O concello de Cambre conta cun novo espazo bibliotecario inaugurado o pasado por autoridades do Concello e a Deputación.

Entre as personalidades que acudiron na inauguración da nova Biblioteca Central de Cambre, foron convidados os socios de GÁLIX, Ángeles Roca, que foi, ata a súa recente xubilación, unha persoa clave no desenvolvemente das bibliotecas municipais de Cambre; e tamén o ilustrador Xosé Cobas , que participou no decorado cuns magníficos murais, un deles do conto ” O home que inventou unha maneira de andar” de Xabier P. Docampo , socio de Honra de GÁLIX 2018.

As novas instalacións están concebidas como un espazo de convivencia entre persoas lectoras de todas as idades e de reivindicación da obra de autores galegos como Manuel Rivas, Xabier P. Docampo e Agustín Fernández Paz que decoran boa parte das paredes do edificio.

Podedes coñecer a biblioteca no vídeo da inauguración que está no facebook da Deputación Provincial da Coruña .

https://www.facebook.com/1833286343630697/posts/2438401443119181/?sfnsn=scwspwa