Convocados os Premios Pura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración.

A Deputación de Ourense vén de convocar o XXPremioPura e Dora Vázquez de Narración e Ilustración .

Imaxe da Real Academia Galega. academia.gal.

Na modalidade de narración:

  • Poderán participar obras inéditas
  • En galego normativo.
  • De tema libre.
  • Dirixidas ao lectorado infantil ou xuvenil.
  • Extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100 páxinas.
  • O premio, único, ten unha dotación económica de 3.000 €.
  • O prazo de recepción de obras remata o 2 de setembro de 2024. Na
    modalidade de ilustración:
  • Poderán participar obras orixinais para ilustrar o texto premiado na modalidade de narración
  • O tema será o do texto premiado na modalidade de narración.
  • O premio, único, ten unha dotación económica de 3.000 €.
  • O prazo de recepción de obras, logo de coñecido o fallo na modalidade de narración, rematará o 29 de novembro de 2024.

    ACCESO
    ÁS BASES