Para celebrar este 8m de 2021, GÁLIX seleccionou unha ducia de textos galegos, publicados ao longo de 2020, escritos e ilustrados por mulleres e nos que o xénero é un factor determinante.
A edición do vídeo é Carlos Nogueira sobre o texto e a voz de Pilar Sampedro e publicado baixo licenza CC BY-NC-SA 4.0.
Dende GALIX quixemos celebrar o 8 de marzo facendo visibles as mulleres na literatura infantil e xuvenil galega. Mulleres escritoras, mulleres ilustradoras, mulleres formando parte das historias destes libros.
Recollemos da produción do ano 2020 unha ducia de libros, dous xuvenís: A noite da deusa de María López Sande e Super Ulex de Susana Sánchez Aríns.
- Anoite da deusa,
un
texto de María López Sande publicado por Galaxia. Unha
comunidade secreta traballa desde tempos antigos para construír
prezados obxectos que outorgan poder ás mulleres. Se conseguen os
sete obxectos máxicos comezará unha nova era na que por fin as
mulleres camiñarán ao lado dos homes.
- Super Ulex
de Susana Sánchez Aríns en Cuarto
de Inverno.
Cando
volve ao cole, despois de recibir quimioterapia, Clara non resiste as
inxustizas, coa força e reflexos de jeito descomunal convértena
nunha super heroína necesaria.
- A
lavandeira de San Simón
de Eva Mejuto, ilustrado por Bea Gregores
e publicado por Xerais.
Unha nena cóntanos o que sucede na súa primeira visita ao campo de
concentración da illa de San Simón. Acompaña á nai, que é unha
das mulleres que lle lavan a roupa aos presos republicanos e lles
levan algo de comida. Mulleres solidarias. Carabela
de Paula Carballeira,
ilustrado por Abi Castillo e publicado por Galaxia.
Unha obra de teatro protagonizada por unha nena cociñeira dun barco
que naufraga; está na illa de plásticos no medio do mar e crea unha
boneca coa que poder falar. Mulleres denunciando o drama ecolóxico.
- Elisa e Marcelacon
texto e ilustracións de
Xulia Vicente,
publicada
polo Consello da Cultura Galega.
En banda deseñada cóntase a historia destas mulleres que se
namoraron cando estudaban maxisterio e se casaron a principios do
século XX na primeira voda sen home cunha delas disfrazada, polo que
foron perseguida e remataron as súas vidas na diáspora.
- Femenino singular en pluralde Concha
Blanco, ilustrado por Laura Romero e publicado por Baía edicións,
dirixida, tamén, por unha muller, Belén López. Un poemario no que
a través dunha historia protagonizada por unha nena e un neno nos
van presentando, en verso, a historia dunha serie de mulleres
pioneiras.
- Lobo
Ramón de María Canosa e
ilustrado por Nuria Díaz. O protagonista non é unha muller, pero
este lobo racha todos os estereotipos de xénero. Está publicado por
oqueleo, Obradoiro, unha editora dirixida tamén por unha muller, Ana
Guerra.
- Lúa
en Ningures de Beatriz
Maceda, ilustrado por Laura Veleiro e publicado por Xerais. Lúa,
unha rapaza que fuxe coa súa familia da guerra e remata nun campo de
refuxiados, aí, no medio da desesperanza axuda a abrir unha físgoa
de luz.
- Medialeva
de Ana Moreiras publicado por Aira. Banda deseñada
con perspectiva de xénero. Quere ser unha homenaxe ás mulleres que
manteñen a flote o campo galego, contando as súas historias e
dándolles voz.
- Tresbichicomas, dúas illas e unha serea de
Rosa Aneiros ilustrado por Abi Castillo e publicado por Xerais.
Acadou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e
Xuvenil pola Igualdade. Edelmira, a protagonista, mantén unha
relación moi especial coa avoa morta, ela cos dous amigos e o avó
apoian a unha refuxiada que aparece na praia cal serea.
- Ardora
de Beatriz Maceda, ilustrada por Laura Veleiro e
publicada por Urco. Ganadora do premio María Victoria Moreno de
Literatura Xuvenil. Cando as nais de Nereida marchan de xira, ela e
mais os seus irmáns Andón, Magana e Kuru quedan ao cargo da súa
tía Lola e vivirán unha aventura que ten moito que ver coa
ecoloxía.
- As mil vidas de Dorotea
de
Lorena Conde ilustrada por María Brenn e publicado por Cuarto de
inverno. A actriz e dramaturga Dorotea Bárcena, de volta á
infancia, fálanos da necesidade de contar
con papeis axeitados para as mulleres; para todas as mulleres, con
todo tipo de corpos, e faino a modo dunha pequena obra de teatro.
Muller por muller.
Mulleres por mulleres
Mulleres que escriben, ilustran e editan para todas e todos.





