Iniciativas para ficar na casa con moita LIX!

Coa intención de apoiar ás familias neste momento no que os nenos e nenas están nas casas sen poder saír ofrecemos, nesta entrada, unha relación do material que se está a xerar solidariamente na rede arredor da LIX.

  • O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual
  • O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.
  • A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
  • Mitos, contos e lendas para ler ou contar en familia na páxina Galicia Encantada, a enciclopedia da fantasía popular e tradicional de Galicia.
    • A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura.
      • En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer das nosas crianzas.
      • Atoparedes vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego na web do Xabarín en CRTVG.
          • Tamén hai vídeos karaoke do Xabarín na páxina GalicianTunes con11 videoclips para cantar co Xabarín.
          • Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.
            • O portal web Aulas Galegas ofrece unha chea de material educativo en galego para as crianzas creado expresamente para estes días. 
            • Non esquezades que desde GÁLIX desenvolvemos iniciativas para ler LIX na casa:

              #euleolix en Instagram , na que que vos animamos a compartir fotografías das lecturas de LIX galega que estades a realizar nas vosas casas.

              O concurso ” Un poema na túa voz ” para animar ás familias a ler cos nenos e nenas poesía galega.

              Os vosos comentarios poden axudarnos a mellorar e completar estas informacións.