Vén de publicarse o catálogo que cada ano elaboramos na OEPLI as catro seccións de ámbito lingüístico que a conforman, nas que están representados todos os sectores do mundo do libro, da creación e da mediación: escrita, ilustración, edición, librerías, bibliotecas, crítica, ensino, etc. que valoraron cada un dos títulos seleccionados.
No catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2024 , recollemos unha selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís publicados no ano 2024 nas catro linguas representadas na OEPLI polas seccións: GÁLIX , IBBYCat , Galtzagorri e Consejo . Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.
O catálogo está dispoñible nos espazos web de GÁLIX:
- Nesta
entrada
do blog - Taboleiro
de Catálogos
OEPLI do
Pínterest de GÁLIX. - Páxina
de Recursos
deste
blog.





