Guía de lectura infantil e xuvenil para a igualdade
Esta guía ofrece unha selección de libros publicados nos anos 2014, 2015 e 2016, distribuídos en tres tramos en función da idade ou competencia lectora. As obras escollidas alentan a reflexión e o debate sobre o papel da muller na sociedade ou o concepto de xénero e aportan referentes necesarios de mulleres, de novas masculinidades e diversidade de opcións sexuais.
Pilar Sampedro , coñecida experta en Literatura Infantil e Xuvenil e Vicepresidenta de GÁLIX , coordinou o equipo que elaborou esta guía, formafo por:
- M.ª Dolores Tobío Iglesias
- M.ª Isabel Serantes Gómez
- Pilar Sampedro Martínez
- Atenea Ruibal Durán
- Maruxa Caamaño Varela (GÁLIX)
Algúns parágrafos da presentación de Pilar Sampedro son o máis axeitado para definir este documento:
“A literatura infantil e xuvenil galega é unha manifestación artística de éxito que en menos dun século de vida se colocou ao nivel das literaturas que corresponden ás lingua normalizadas na nosa contorna. A súa calidade está fóra de toda dúbida, como o demostran os premios acadados fóra de Galicia e a tradución dos nosos libros a outras linguas.”
“GÁLIX agradece a oportunidade que a Secretaria Xeral de Igualdade lle ofrece para colaborar na elaboración deste recurso, poñéndoo nas mans das familias, profesorado, persoas bibliotecarias e outros axentes que posibiliten unha nova mirada no camiño da igualdade.”





