A Literatura Infantil e Xuvenil galega estará representada no Culturgal 2019 da man da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ( GÁLIX ).
O domingo 1 decembro ás 11:00: GALIX E A DIFUSIÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL GALEGO
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) participa en Culturgal mostrando distintas iniciativas que posibilitan a visibilización deste tipo de libro.
GALIX, como sección da OEPLI e do IBBY , ten a representación do libro infantil e xuvenil do ámbito lingüístico galego; por esta razón o seu obxectivo é a súa defensa e promoción, dentro e fóra de Galicia.
O apoio e difusión do libro infantil e xuvenil galego é a prioridade de GALIX dende a súa creación en 1989.
Con esta finalidade crea diferentes materiais en papel ou dixitais, aos que se pode acceder a través da súa páxina e redes sociais.
Catálogos elaborados para a Feira de Bolonia .
Guías de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade .
Cadernos didácticos do Centro Dramático Galego
E outros recursos como os catálogos das exposicións coas que conta.
A Asociación estará representada por Xosé Antonio Perozo , presidente, Antonio Seijas , vicepresidente primeiro, e Pilar Sampedro , vicepresidenta segunda, que falarán de GÁLIX, as súas funcións, o seu traballo e a súa presencia a nivel internacional.
Unha oportunidade para que as persoas interesadas no mundo da LIX galega coñezan, de primeira man, o labor que estamos a desenvolver.






