O luns, día 21 de outubro de 2019, celebrarase a II Xornadade bibliotecas públicas de Galicia co lema: Bibliotecas inclusivas: accesibles a todas e a todos; en Santiago de Compostela, no Auditorio 1 CINC da Cidade da Cultura .Esta xornada pretende incidir sobre o modelo de biblioteca pública como espazo de inclusión, como institución de formación permanente e acceso ao coñecemento e á información sen barreiras.
O prazo de inscrición , en liña, estará aberto ata as 23:59 do día 16 de outubro de 2019.
As 170 prazas que se ofertan cubriranse por orde de inscrición, pero terá prioridade o persoal bibliotecario das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia .
Ao remate da Xornada entregarase o II Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia.





