Presentación da guía DONAS NO ESPELLO DA LIXG no CULTURGAL

Pilar Sampedro , Vicepresidenta 2ª de GÁLIX, presentou onte no Espazo Libro do CULTURGAL , a guía ” Donas no espello da LIXG “, que recolle unha selección de libros de calidade, en galego, para o lectorado infantil e xuvenil co obxectivo de avanzar a prol da igualdade.

As persoas asistentes á presentación levaron un exemplar impreso da guía. Logo do acto, repartíronse exemplares entre as librerías, editoras, asociacións e outras entidades presentes da Feira.

A obra, organizada por etiquetas para facilitar a busca e selección de libros, pretende ser unha ferramenta de utilidade para as persoas que exercen a mediación lectora: familias, docentes, bibliotecarias e bibliotecarios, coordinadoras de clubs de lectura, librerías, etc.

Calquera que teña interese pode acceder á guía dende o noso noso blog e no noso Pínterest