Seminario IBBY -Iberoamericano do libro infantil e xuvenil

Está aberta a inscrición no Seminario IBBY -Iberoamericano do libro infantil e xuvenil, unha actividade de encontro dixital para coñecer e compartir proxectos e experiencias a respecto de cinco interesantes eixos temáticos:

  • Creadores
  • Industria
    editorial
  • Fomento da lectura
  • Mediación
  • As nosas
    linguas

Contaremos coa colaboración de persoas tan expertas como: Ana María MachadoMichèle PetitJordi Sierra i Fabra ou María Teresa Andruetto .

Inscríbete no Seminario nesta ligazón e participa neste encontro con persoas interesadas na literatura infantil e xuvenil dende os eidos da creación escrita e da ilustración, da edición e da mediación: docentes, bibliotecas e familias.

INSCRICIÓN