Dez libros galegos no catálogo da Feira do Libro de Madrid

Vén de publicarse o catálogo” Selección de literatura Infantil y Juvenil OEPLI para la Feria del libro de Madrid 2019 “, editado pola Feira do libro de Madrid en colaboración coa OEPLI .

GÁLIX participou nesta publicación coa selección dos 10 títulos galegos que se inclúen. O catálogo tamén contén 10 títulos en catalán e en euskera.

Mediadores e mediadoras de lectura infantil e xuvenil e persoas interesadas en xeral teñen acceso ao catálogo desde este blog para consulta en liña ou descarga .