CONVOCATORIA DOS PREMIOS LAZARILLO 2023

Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX , Galtzagorri , ClijCat e Consejo , e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo2023 .

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado

  • Para obras orixinais e inéditas.
  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.
  • Formato máximo, DIN A-2.
  • Extensión máxima de 32 páxinas.
  • Cunha dotación de 6.000€
  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2023.

Creación Literaria,modalidade xuvenil

  • Para obras orixinais e inéditas.
  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.
  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)
  • Destinadas ao lectorado xuvenil, maior de 12 anos.
  • O premio ten unha dotación de 6000€.
  • O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2023.