Convocatoria do XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

A Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela , no marco da XX Campaña Municipal de Animación á Lectura, en colaboración con Kalandraka Editora , convocan o XIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados .

Ao redor de 3.000 álbums de diversos países, competiron polo premio nas doce edicións anteriores.

O certamen goza de recoñecemento e prestixio a nivel internacional e moitas das obras premiadas recibiron outros importantes recoñecementos: Listaxe de Honra do IBBY, selección The White Ravens ou Premio Cuatrogatos.

ACCESO ÁS BASES: