Convocatoria do Premio Lazarillo 2019

O Lazarillo é o concurso máis antigo en Literatura Infantil e Xuvenil, que se vén celebrando desde o 1958.

Convocado nas súas primeiras edicións polo extinto Instituto Nacional del Libro Español, desde 1986 ven sendo a OEPLI , e as súas seccións territoriais GÁLIX , Galtzagorri , ClijCat e Consejo General del Libro , a encargada da convocatoria do premio.

O certame conta co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e de MacDonald’s

O premio Lazarillo convócase nas modalidades de “ Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado ” e “ Creación literaria ”, para obras escritas en calquera das linguas do estado para nenos e nenas a partir de 12 anos.

ACCESO ÁS BASES DE CREACIÓN LITERARIA

ACCESO ÁS BASES DE ÁLBUM INFANTIL E XUVENIL ILUSTRADO

O veredicto do xurado e a entrega do Premio farase público no mes de abril, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil .