Convocatoria do Premio Arume de Poesía para a Infancia

Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX veñen de convocar a segunda edición do Premio Arume de Poesía para a Infancia , creado no 2001 por Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil.

Por outra banda, GÁLIX , que ten como unha das súas funcións a defensa e promoción da cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil, considera necesario estimular a presenza da poesía no sistema literario galego.

O certame de poesía conta co patrocinio de Deleite , unha empresa galega recoñecida polo seu compromiso coa lingua e coa cultura do país.

A obra premiada será publicada por Edicións Embora .

Poderán concorrer autores e autoras, maiores de idade, de calquera nacionalidade que presenten:

  • Obras orixinais en galego.
  • Cunha extensión mínima de 350 versos. 
  • Nun só poema ou un grupo deles. 
  • Dirixido a lectorado infantil.
  • O galardón terá unha dotación de 1.000. O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de novembro de 2022, Día de Neira Vilas e Día do Lector e a Lectora.

ACCESO

ÁS

BASES