Baía Edicións convoca o premio Meiga Moira de novela xuvenil

Aberta a convocatoria do premio Meiga Moira, certame literario creado por Baía Edicións no 2004.

No 11º premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil 2024 poderán presentarse obras:

  • Orixinais e inéditas escritas en lingua galega.
  • Dirixidas a rapazas e rapaces de 12 a 16 anos.
  • O prazo de recepción de orixinais remata o 2de abril de 2024.
  • A dotación económica é de 2.000 euros para a obra premiada e 600 euros para os posíbeis accésit.
  • As obras premiadas serán publicadas por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira