A xunta directiva de GÁLIX decidiu por unanimidade nomear Socia de Honra á bibliotecaria Ánxeles Roca.
A nosa socia naceu en Cambre, é licenciada en Xeografía e Historia e foi directora e dinamizadora das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBRE desde 1984 até a súa xubilación en marzo de 2020. Entre outros logros foi a creadora do famoso Moucho Leroucho no 1994, que acadou o Premio Nacional de Animación á Lectura.
A entrega do galardón terá lugar o vindeiro martes día 30 de maio , ás 19.00h. na libraría Lume da Coruña.
A laudatio correrá a cargo da dramaturga e escritora de LIX Paula Carballeira .
O Presidente de GÁLIX fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o seu nomeamento.
Lembrámosvos que en anteriores edicións foron declarados Socios de Honra Xavier Senín, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Xoán Babarro, Helena Villar , Maria Fe Quesada , Paco Martín , Xabier P. Docampo , MªXesús Fernánde z e Miguel Vázquez Freire .





