Ánxela Gracián acada o Premio Meiga Moira 2022

Este martes, 17 de maio, Día das Letras Galegas, comunicouse o fallo do 10º premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil , certame literario creado por Baía Edicións no 2004.

Nesta décima edición o galardón recaeu na obra Donas de nós de Ánxela Gracián , presentada baixo o lema María Balteira.

A autora presentou unha peza dramática protagonizada por personaxes da tradición literaria nosa e universal na que o xurado valorou a súa calidade literaria e tamén o humor co que se tratan temas de actualidade e a súa perspectiva feminista.