O sábado 24 de outubro, GÁLIX celebrou unha nova edición das súas xornadas formativas, baixo o título Imaxinar coa arte a través do álbum ilustrado, no centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña.
Nesta edición, as xornadas puxeron o foco nas posibilidades artísticas, creativas e educativas do álbum ilustrado, un formato no que a palabra e a imaxe dialogan para construír historias, espertar a imaxinación e abrir novas vías de lectura e interpretación.
A través de faladoiros, charlas e obradoiros, as persoas participantes tiveron a oportunidade de afondar na creación de historias ilustradas, na lectura das imaxes e no papel da arte como ferramenta de expresión e aprendizaxe.
Faladoiro Dentro da Imaxe: como se constrúe unha historia, con Luz Beloso, Rena Ortega, Víctor Rivas e Iván R.

Obradoiros con Iván R., Rena Ortega, Luz Beloso e Víctor Rivas


Charla interactiva Ler imaxes, tecer lecturas, con Sonia Hermida

Charla A aula como laboratorio artístico, con Estela Freire, de Escola Imaxinada

Obradoiro práctico con Escola Imaxinada

As Xornadas GÁLIX 2026 constituíron un espazo de encontro, reflexión e experimentación arredor do álbum ilustrado, no que profesionais da ilustración, da creación literaria, da educación e da mediación lectora compartiron experiencias e propostas para explorar as múltiples posibilidades da linguaxe visual.
Agradecemos a colaboración do Ministerio de Cultura, Ibby España, o CFR da Coruña e a Libraría Seijas pola súa doazón de material.

Ilustración do cartel: Andrea García Martínez





