Lista do Honra IBBY 2026

A Lista de Honra da International Board on Books for Young People (IBBY) é unha escolma bianual de libros infantís destacados que naceu en 1956 e coñecida orixinariamente como The Hans Chistian Andersen Honour List.

A edición de 2026 conta con 191 candidaturas procedentes de 59 países e en 52 linguas diferentes. A través das propostas de GÁLIX, a LIX galega e a LIX en galego tamén están na Lista de Honra IBBY 2026.

Como escorrentar un lobo , de Antonio M. Fraga, publicado en Cuarto de Inverno e ilustrado por María Brenn, figura na categoría de escrita e Que é a guerra, de Eduard Altarriba e traducido ao galego por Moisés Barcia, publicado por Sushi Books, foi seleccionado na categoría de tradución.

A Lista de Honra IBBY 2026 pódese consultar e descargar nos seguintes enlaces

Consulta e descarga

Recollendo as propostas do resto das seccións de IBBY de España podemos atopar:

Na modalidade de escrita:

  • Zerria de Patxi Zubizarreta
  • Un estiu de Claudia serra
  • La leyenda del samurái y la mariposa azul de Pedro Caldas

Na modalidade de ilustración:

  • Alexander Von Humboldt. Explorador de los inalcanzable de Rocío Martínez

Na modalidade de tradución:

  • El desnuador d´embruixos, traducido por Xavier Pámies
  • Neska baten memoria, traducido por Aiora Jaka Irizar
  • Perfectamente imperfecto, traducido por Ana Flecha Marco