Faladoiro na Festa dos Libros de Pontevedra 2026

Arredor de GÁLIX e a LIX galega actual: éxitos e desafíos

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) fundouse en 1989 co obxectivo de traballar, de forma transversal, na promoción do libro infantil e xuvenil galego e impulsar iniciativas que contribuísen á creación de hábitos lectores entre a cativada e a mocidade.
Ante a recente renovación da súa directiva, este faladoiro non só permitirá dar a coñecer as novas caras que a compoñen e algunhas das súas propostas, senón tamén crear un foro de diálogo e debate arredor da situación da LIX galega actual, incluíndo os seus principais logros e tamén os non poucos desafios (algúns novos e outros vellos) que se nos presentan.


Participan (de esquerda a dereita):

Miguel García-Fernández, Presidencia

Sabela Fernández Trelles, Vogalía de Educación e formación

Ramón D. Veiga, Vogalía de escrita

Alba De Evan, Vicepresidencia e Tesourería


Ilustración: María Montes

Pódese consultar o resto do programa premendo na imaxe.

#festadoslibros #pontevedralibreira