Novos libros na Lista de Honra da IBBY

A Lista de Honra de IBBY é unha selección bianual dos libros de recente publicación, propostos polo seu interese e calidade polas Seccións de IBBY nas modalidades de escrita, ilustración e tradución.

No caso da OEPLI , ao ter catro linguas oficiais, preséntanse unha obra orixinal e outra traducida por idioma.

En galego, dos presentados por GÁLIX , están seleccionados:

En éuscaro, presentados por Galtzagorri , o escritor Iñigo Astiz coa obra Joemak eta polasak , e o tradutor Juan Kruz Igerabide pola obra Etxean Barrena,

En catalán, seleccionados por ClijCat , Espècies extraordinàries deSalvador Comelles e Ametlla traducido por Anna Puente Llucià.

En castelán se inclúen dous libros presentados polo Consejo General del Libro Infantil y Juvenil : Mi lazarilla, mi capitán de Gonzalo Moure e Un enigma azul zafiro traducido por Marinela Terzi.

A inclusión dun libro nesta listaxe ten como consecuencia unha maior divulgación e coñecemento destes títulos e o aumento considerable do número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de calidade para a infancia e a xuventude.

Todas as obras seleccionadas son presentadas e expostas nos Congreso de IBBY. Ao remate, os libros viaxan polo mundo en exposicións e feiras do libro e preséntanse nas coleccións permanentes da Lista de Honra que están na International Youth Library de Munich, o Swiss Institute for Child and Youth Media de Zúric e na Bibiana Research Collection en Bratislava, en JBBY Tokyo e en Northwestern University en Evanston, Illinois.