#euquedonacasa

#euquedonacasa é un conto de Ramón D. Veiga , ilustrado por Iván Erre para que os nenos e nenas da casa saiban que comprendemos o que están a pasar e acepten, na medida do posible, a necesidade de ficar na casa.

Protagonistas desta historia son, máis do que ningunha outra cousa, as vivencias e os sentimentos da cativada.

Unha historia escrita e ilustrada para a rapazada e tamén para os maiores; para que as persoas maiores entendan como se senten os máis pequenos. A iniciativa que está sendo moi ben acollida en redes e tamén recollida en Praza Pública e no no padlet de Gálix, Recursos con moita LIX para ficar na casa. Agradecemos aos autores a súa idea para axudarnos a ficar na casa en familia e por compartila nas redes accesible para todo o mundo.