XXV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Este venres, 1 de marzo inaugurouse a XXVedición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que este ano ten como lema: AMaxia.

Como en anteriores edicións, GÁLIX-IBBY Galicia elaborou unha bibliografía específica que recolle máis de 100 libros que nos remiten ao mundo dos contos marabillosos e tamén obras que falan da maxia e do ilusionismo.

Na programación recóllense as diversas actividades do Salón: mesas, exposicións, conferencias, obradoiros…

O país convidado este ano será Catalunya , lugar de acollida da emigración galega, que levou canda ela a súa lingua e a súa cultura e que hoxe parla catalá na voz da súa descendencia. ClijCat –IbbyCat colaborou nesta edición elaborando unha selección de 50 títulos cataláns para lectorado de 0 a 14 anos.