Convocado o Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer

A Asociación Agadea , de axuda ás persoas afectadas por demencias tipo Azlhéimer, en colaboración coa SecretaríaXeral de Política Ligüística convoca a terceira edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimerco obxectivo deste de sensibilizar e dar o coñecer o Alzhéimer entre o lectorado máis novo.

A este certame poderán presentarse obras:

  • Orixinais e inéditas escritas en lingua galega.
  • Que traten o problema da demencia para facela máis comprensible á xente nova.
  • Dirixidas ao público infantil.
  • En calquera xénero
  • O prazo de recepción de orixinais remata o 1 de xullo do 2024.
  • A dotación económica é de 3.000 euros para a obra premiada.
  • O ditame darase a coñecer en setembro, con motivo do Mes do Alzhéimer.