Entrega de premios do concurso SELFIE-LIX

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, e Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX, participaron este mércores, 12 de xuño, no acto de entrega de premios do concurso Selfie LIXde Galicia convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil ( GÁLIX ), sección galega da Oepli .

O acto celebrouse na biblioteca o Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, onde fomos recibidos polo seu director Xulio Noia e pola monitora da biblioteca Medea Santiago. As rapazas integrantes do club de lectura infantil foron as encargadas de nos dar a benvida e presentar o acto.

O premiado na categoría de primeiros lectores (de 1º a 3º de Primaria) foi Oriol de la Fuente Rial , que participou a través da Biblioteca Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo (Santiago), cunha representación do libro “ Axente Riciños ”.

O premio dos lectores avanzados (de 4º a 6º de Primaria), foi para Mara López Rivera , do CEIP Virxe do Carme de Sober (Lugo), cun selfie sobre “ O soño do merlo branco ”.

O gañador na categoría de Súper Lectores foi Joel Covelo Gallego , do IES Carlos Casares de Vigo , cunha foto que representa unha das ilustracións do libro “ O misterio do faro vello .

Para dar cumprido remate ao acto Flora Grande, responsable da biblioteca escolar do CEIP Virxe do Carme de Sober dixo unhas palabras en nome das bibliotecas premiadas e o grupo de pandereteiras do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre agasallounos cun para de pezas.