Premios Lazarillo 2023

Ven de celebrarse o acto de entrega do Premio Lazarillo convocado pola OEPLI , co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e McDonald´s.

A obra La hija del esquimal de Francisco Díaz Valladares recibiu o premio na modalidade de Creación Literaria.

O premio na modalidade de Álbum Ilustrado recaeu na obra Àvies de Laia Giménez Buenaventura, unha homenaxe ás mulleres anciás do rural.