Ledicia Costas e Víctor Jimeno gañadores do Lazarillo 2021

Hoxe, 31 de maio de 2022, no marco da Feira do Libro de Madrid celebrouse o acto de entrega do Premio Lazarillo convocado pola OEPLI , co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e McDonald´s . Ledicia Costas resultou gañadora na categoría de Creación Literaria modalidade xuvenil coa obra A lebre mecánica

Na modalidade de Álbum Ilustrado, a obra gañadora foi ¿Y tú de que color lo ves? de Víctor Jimeno na que o xurado destacou a orixinalidade, a variedade de miradas gráficas e o humor.

Pechou o acto, D.ª María José Gálvez, Directora Xeral do Libro e a Lectura que falou da necesidade de apostar pola literatura infantil e xuvenil e do calidade das publicacións para o lectorado infatoxuvenil.