I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento

Indómita e a semente da inmortalidade , de Alejandro Mene Pazos (Álex Mene) é a obra gañadora no I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento e será publicada pola editorial Bululú .

O xurado destacou deste texto a corrección do galego e considera que a historia é axeitada para lectorado infantil, que renova a tradición e aporta valores ecolóxicos.

O autor, mestre, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego publicara en 2018 con Alvarellos editora a obra de literatura infantil A raíña das tortas , ilustrada por Blanca González Crespán.