e publicada coa axuda da Xunta de Galicia .O documento estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest da asociación, para que as persoas que exercen o labor de mediación lectora: familias, persoal de bibliotecas e profesorado dos centros educativos, teñan mellor acceso a materiais e recursos en galego.
Este proxecto é froito do o esforzo dun grupo de traballo de GÁLIX por dar a coñecer materiais e recursos que se presentan na nosa lingua pois esta tamén é unha boa maneira de normalizar o seu uso en todo tipo de condicións.
A obra está estruturada seguindo estes epígrafes:
Audiolibros
Textos en formato audio que permiten o acceso á lectura ás persoas con dificultades visuais, físicas, on problemas relacionados coa aprendizaxe ou a aqueles e aquelas que non dominan a técnica.
Libros
con pictogramas:
Obras con debuxos, iconos que representan unha palabra ou unha idea e que facilitan á lectura ás persoas que teñen dificultades para comunicarse.
Libros
de lectura fácil
Unha metodoloxía pensada para facer máis comprensibles os textos, eliminando barreiras e producindo unha accesibilidade maior, cun sistema de adaptación construído sobre os coñecementos da psicoloxía cognitiva e as correntes lingüísticas e que segue certas pautas básicas aceptadas internacionalmente.
Son obras dirixidas, especialmente, ás persoas que teñen dificultades lectoras tanto transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente…) como máis duradeiras (trastornos da aprendizaxe, diversidade funcional…), causadas por cuestións neurolóxicas ou socioculturais.
Libros
en Braille
Son textos escritos nun alfabeto, co que se representan letras, signos de puntuación, números, grafía científica, símbolos matemáticos, música, etc. que facilita a lectura para persoas con cegueira ou deficiencia visual.
Libros
sen texto
Os chamados libros silentes ou silandeiros poden ser lidos en calquera lingua, por iso IBBY Italia puxo en marcha a creación da Biblioteca de Lampedusa,
constituída por ese tipo de obras deste tipo, coa intención de axudar na inserción da infancia en desamparo procedente do exilio.
Estes libros facilitan a comprensión para calquera persoa que non domine o código lingüístico. O idioma de referencia vén determiñado polo título ou e algún outro paratexto.
Abecedarios,
dicionarios visuais, libros duros, troquelados, con textura, álbums
ilustrados.
Este epígrafe recolle determinados libros, e especialmente coleccións, que. partindo das primeirísimas idades, son lecturas aptas para todas as idades e todas as competencias e que, xa que logo, debemos ter a man para que cada persoa lectora atope o seu libro.
Xogos
e xoguetes
Apartado no que se ofrece un listado de libros-xogo, xoguetes e xogos (de mesa, de linguaxe, de construcións, de lóxica…) co que intentamos dar a coñecer o que o mercado ofrece en galego para aqueles e aquelas con diferentes graos de competencia e desenvolvemento, sen esquecer aqueles libros con texturas, ruídos, arrecendos.
Libros
sobre desigualdade e diversidade.
Inclúense nesta etiqueta os libros onde se recollen situacións que evidencian as dificultades relacionadas coa diversidade funcional (enfermidades ou diferentes situacións de saúde, desigualdades de orixe ou adquiridas…), pero tamén aquelas causadas pola situación económica ou social.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.
Funcional
Always active
O almacenamento técnico ou acceso é estrictamente necesario para o propósito lexítimo de permitir o uso dun servizo específico explicitamente solicitado polo subscritor ou usuario, ou co único propósito de levar a cabo a transmisión dunha comunicación por unha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.O almacenamento técnico ou acceso que se utiliza exclusivamente con fins estatísticos anónimos. Sen unha citación xudicial, consentimento voluntario por parte do teu provedor de servizos de Internet, ou rexistros adicionais dun terceiro, a información almacenada ou recuperada só para este propósito xeralmente non se pode utilizar para identificarte.
Marketing
O almacenamento técnico ou acceso é necesario para crear perfís de usuario co fin de enviar publicidade, ou para rastrexar ao usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de marketing similares.