Recomendancións lectoras de Entroido 2026

Dende GÁLIX presentamos esta guía de recomendacións lectoras para o tempo de Entroido, que achega tanto bibliografía arredor desta temática como recursos e xogos descargables, para centros educativos e bibliotecas.
Contamos tamén con cuestionarios sobre as tradicións destas datas e recomendacións lectoras, por parte de autoras e autores da nosa LIX.

O Entroido constitúe unha das manifestacións máis ricas do noso patrimonio cultural, na que se combinan tradición, creatividade, diversión, participación comunitaria e transgresión. A súa presenza no libro infantil e xuvenil galego permite achegar esta festa ás novas xeracións dun xeito lúdico, de aí esta pequena selección de títulos que, no seu conxunto, contribúe a exaltar a nosa diversidade cultural e identidade colectiva.
No país dos entroidos, descubriremos os seus múltiples nomes, vestirémonos de peliqueiros, boteiros, máscaras, felos, pantallas, xenerais, bonitas ou cigarróns, e comeremos filloas, orellas ou botelos.

A pasalo ben coa lectura e coa festa!!!

Miguel García-Fernández, vogalía de bibliotecas e redes sociais

Recomendacións lectoras de Entroido

Descarga a guía en PDF aquí.

Visita a nosa biblioteca de entroido:

Xogos descargables:

Ilustrado por: María Montes (vogalía de ilustración)