CONVOCATORIA DO XII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS.

A Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela , e Kalandraka Editora , no marco da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura , convocan o XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

Prazo: Finaliza o 30 de abril de 2019.

As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas.

A obra premiada será publicada en todas as linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka no mes de novembro do ano 2019.

Bases do premio: http://www.kalandraka.com/ga/premio-compostela/